GALESP
Facebook Twitter Linkedin

BLOG • 25/04/2017

Cando violan a unha nena da túa clase

PILAR PORRAL / @pilarporral

Paula ten doce anos. É unha rapaza moi estudosa: “de maior quero ser cardióloga”. Fai catro meses o brillo do seus ollos apagouse. Máis ben fixeron que se lle apagase. Todos os días Paula madrugaba un pouco máis da conta para que o seu tío a achegase á escola. O seu profesor notou un cambio moi drástico en Paula en xaneiro: “foi un luns, recordo perfectamente que Paula estaba triste. Eu non sabía que lle pasaba pero sabía que algo ocorrera”, comenta o seu titor.

Ela é moi alegre, moi positiva e encántalle a escola. Pero ese luns ela chegou diferente. Esa fin de semana o seu tío quedouse a cargo dela e abusou sexualmente de Paula. Cando o seu profesor lle preguntou que lle pasaba. Paula dixo que nada e baixou a cabeza. Por sorte, o seu docente non se conformou con esa resposta e quedouse moi preocupado.

As persoas que se dediquen á docencia deben ser sensibles e empregar a súa intelixencia emocional na súa labor diaria. Quen queira traballar con persoas, quen queira motivar a aprendizaxe dun grupo debe ter unha sensibilidade especial para saber que todas as persoas son diferentes e que temos a obriga de detectar os cambios de actitudes do noso alumnado. Quen non o queira facer, que lle faga un favor a sociedade e se dedique a outra profesión que non sexa tan relevante.

Por sorte para Paula o seu profesor non se conformou e seguiu investigando. Ese mesmo día falou coa orientadora: “temos que estar pendentes de Paula. Algo lle pasa”. Un mes máis tarde á saída da escola o seu profesor observou a cara de pavor de Paula cando veu que o seu tío a foi a recoller. O día seguinte preguntoulle se lle pasaba algo co seu tío. Paula non esperaba esa pregunta e botouse a chorar: “non quero estar con el a soas”. Ese mesmo día chamaron a súa nai e o centro buscou axuda profesional para tratar o asunto tanto na escola como no fogar de Paula. 

Por sorte para Paula o seu profesor actuou. 

NOTICIA ANTERIOR NOTICIA SEGUINTE

ACTUALIDADE • 23/11/2017

Coeduca premiada no XVI concurso de proxectos...

A primeira consultora de coeducación de Galicia,...

BLOG • 25/04/2017

Cando violan a unha nena da túa clase

PILAR PORRAL / @pilarporral Paula ten doce anos....

BLOG • 04/04/2017

Violencia de xénero: recoñecela para erradicala

PILAR PORRAL /@pilarporral A violencia de...

BLOG • 27/03/2017

A eles tamén lles afecta

PILAR PORRAL /@pilarporral Quenes pensades que...

BLOG • 13/03/2017

Educar para previr a violencia de xénero

PILAR PORRAL /@pilarporral Moita xente me...

ACTUALIDADE • 01/03/2017

Coeduc@ implanta o primeiro Plan de Igualdade para un...

A consultora Coeduc@ implantou o primeiro Plan de...

+ NOTICIAS

Camiño de Gustavo, 31 – Gándaras de Piñeiro 27003 Lugo • coeduca@coeducaconsultora.com +34 657 576 376