GALESP
Facebook Twitter Linkedin
Información (PDF) ↓

Plans de Igualdade

→ Que é un Plan de Igualdade de centro?

Un Plan de Igualdade é un programa de intervención que ten como obxectivo introducir a Coeducación na práctica pedagóxica do centro educativo promovendo a Educación en Igualdade.   

A diferenza do que acontece noutros contextos organizativos e xeográficos, os centros escolares de Galicia carecen desta ferramenta. Coeduc@ deseña, executa e avalía Plans de Igualdade específicos para os centros educativos coa finalidade de que introduzan a coeducación como modelo educativo.

A nosa consultora ofrece tamén a outras entidades a posibilidade de executar Plans de Igualdade para detectar as desigualdades entre mulleres e homes na súa contorna e para desenvolver e avaliar medidas que contribúan a súa erradicación a medio prazo.

→ Cales son as fases dun Plan de Igualdade de centro?

O proceso de elaboración dun Plan de Igualdade de centro deseñado por Coeduc@ comprende tres fases principais: diagnóstico de Igualdade, deseño e execución e avaliación e seguimento do Plan.

→ Cal é a validez dun Plan de Igualdade de centro?

Un curso lectivo. Cada ano debe renovarse o Plan de Igualdade de centro específico para que as medidas dispostas teñan éxito. De igual maneira deberá realizarse cada curso un novo deseño e diagnóstico, así como executar novas medidas de actuación.

→ Que beneficios aporta para o meu centro educativo?

  • Mellorar a convivencia no centro
  • Diminuír as diferenzas entre ambos sexos                                           
  • Educación en Igualdade para o alumnado                           
  • Prevención da violencia de xénero entre o alumnado
  • Prevención do acoso escolar por motivo de sexo
  • Prestixio para o centro: formar parte da primeira rede de centros coeducativos de Galicia                       

→ Cando comezará o centro a beneficiarse do Plan de Igualdade?

Dende a execución da  primeira medida ou actividade desenvolta no centro e  acentuarase a medio e longo prazo.

→ Por que mellora a convivencia no centro?

O Plan de Igualdade de centro introduce unha serie de medidas e actividades a executar no centro que buscan reducir unha das causas principais de conflito entre o alumnado:  o machismo.

→ Executar un Plan de Igualdade de centro suporá unha maior carga de traballo para o profesorado?

Non. Todo o traballo é realizado por Coeduc@.                 

→ Que debe aportar o centro para executar un Plan de Igualdade?

Unha actitude positiva e compromiso social por parte da comunidade educativa.

Fases dun Plan de Igualdade

→ Diagnóstico

→ Deseño e execución

→ Avaliación e seguimento

Camiño de Gustavo, 31 – Gándaras de Piñeiro 27003 Lugo • coeduca@coeducaconsultora.com +34 657 576 376